Presentación

Nos últimos anos a formación profesional continua orientase cada vez máis ao desenvolvemento de competencias profesionais específicas. Neste senso, varias asociacións sectoriais galegas, en colaboración coa consultora de Formación InGaFor, impulsan este proxecto formativo ao amparo da Orde do 26 de outubro do 2009 (Consellería de Traballo e Benestar) para a formación dirixida prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

Neste período 2009 – 2010 confeccionouse unha oferta formativa coas necesidades dos sectores referenciados para satisfacer ao colectivo de empresas participantes.


¿Quén pode participar nestas accións formativas?

Calquera traballador/a en activo (por conta allea ou autónomo) que acredite esa condición e que pertenza a algún dos sectores de referencia.

Igualmente, poderán participar nas accións formativas traballadores en situación de desemprego inscritos no servicio público de emprego estatal como demandantes de emprego.

Os traballadores en situación de desemprego terán dereito a solicitar bolsas e axudas sempre e cando cumpran os requisitos esixidos na normativa e se atopen matriculados nun curso de modalidade presencial que teña unha duración igual ou superior ás 4 horas diarias (e ás 20 horas semanais)

 

¿Qué custo teñen estas accións formativas?

Están TOTALMENTE SUBVENCIONADAS pola Dirección Xeral de Formación e Colocación (Consellería de Traballo e Benestar) e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (Cofinanciamento do 80%).


¿Cantos cursos pode facer un traballador?

Non existe límite de horas dentro de cada Plan de Formación. Os participantes poderán realizar os cursos que desexen sempre que a compatibilidade horaria o permita e non se supere as 8 horas lectivas ao día.


¿Qué documentación se precisa?

Para formalizar a matrícula nalgún dos cursos que se presentan na convocatoria 2009 – 2010 solicitaranse unha serie de datos persoais para o seu posterior tratamento estatístico pola Xunta de Galicia – Consellería de Traballo e Benestar.

Igualmente, o primeiro día de clase é imprescindible que todo participante entregue unha fotocopia do seu DNI e, ademáis:

  • Se eres traballador por conta allea precisamos unha fotocopia do encabezamento da última nómina
  • Se eres traballador por conta propia precisamos unha fotocopia do último recibo de autónomos
  • Se eres traballador en situación de desemprego precisamos unha fotocopia da tarxeta de demanda de emprego actualizada

Plans de Formación para o Emprego Sectoriais


Todas as Accións Formativas inclúen un módulo formativo sobre igualdade de oportunidade. Se xa cursaches este modulo nalgún outro curso e desexas solicitar a exención do mesmo, debes presentar unha fotocopia do diploma oficial que acredite a formación en materia de igualdade.

Xunta de Galicia
FSE