Presentación

Nos últimos anos a formación profesional continua orientase cada vez máis ó desenvolvemento de competencias profesionais específicas. Neste senso, varias asociacións sectoriais galegas, en colaboración coa consultora de Formación InGaFor, impulsan este proxecto formativo ó amparo da Orde do 24 de outubro do 2008 (Consellería de Traballo) para a formación de traballadores en activo.

Neste período 2008 – 2009 confeccionouse unha oferta formativa coas necesidades dos sectores referenciados para satisfacer ó colectivo de empresas participantes.


¿Quén pode participar nestas accións formativas?

Calquera traballador/a en activo (por conta allea ou autónomo) que acredite esa condición e que pretenza ó sector de referencia.

Igualmente, poderán participar nas accións formativas traballadores en situación de desemprego inscritos no servicio público de emprego estatal como demandantes de emprego.

Os traballadores en situación de desemprego terán dereito a solicitar bolsas e axudas sempre que cumpran os requisitos esixidos na normativa e se atopen matriculados nun curso de modalidade presencial que teña unha duración igual ou superior ás 4 horas diarias (ou ás 20 horas semanas)

 

¿Qué custo teñen estas accións formativas?

Están TOTALMENTE SUBVENCIONADAS pola Dirección Xeral de Formación e Colocación (Xunta de Galicia) e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).


¿Cantos cursos pode facer un traballador?

Cada traballador pode realizar un máximo de 270 horas de formación dentro de cada plan formativo por convocatoria


¿Qué documentación se precisa?

Para formalizar a matrícula nalgún dos cursos que se presentan na convocatoria 2008 – 2009 solicitaranse unha serie de datos persoais para o seu posterior tratamento estatístico pola Xunta de Galicia – Consellería de Traballo.

Igualmente, o primeiro día de clase é imprescindible que todo participante entregue unha fotocopia do seu DNI e, ademáis:


Proxectos Sectoriais

Acceso a matriculaciones

Xunta
FSE