Nos últimos anos a formación profesional continua orientase cada vez máis ó desenrolo de competencias profesionais específicas. Neste sentido, varias asociacións sectoriais galegas, en colaboración coa consultora de Formación InGaFor, impulsan este proxecto formativo ó amparo da Orde do 06 de agosto de 2007 (Consellería de Traballo) para a formación de traballadores en activo.
Neste período 2007 – 2008 confeccionouse unha oferta formativa coas necesidades dos sectores referenciados para satisfacer ó colectivo de empresas participantes.
Calquera traballador/a en activo (por conta allea ou autónomo) que acredite esa condición e que pretenza ó sector de referencia.
Igualmente, poderán participar nas accións formativas traballadores desempregados inscritos no servicio público de emprego estatal como demandantes de emprego.
Están TOTALMENTE SUBVENCIONADAS pola Consellería de Traballo e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).
![]() |
![]() |
|